sobre Fillas de Cassandra
sobre Fillas de Cassandra

As viguesas María SOA e Sara Faro formaron en 2022 Fillas de Cassandra ata converterse hoxe en día nun dos proxectos galegos máis recoñecidos do panorama. Neste 2026 publican Tertulia, o seu segundo disco, que desvela o cotiá movéndose entre a provocación e a tenrura. Tras máis de 130 concertos nos dous últimos anos e despois de converterse nunha das grandes revelacións da música en galego grazas ao seu álbum debut Acróple, o dúo presenta un novo espectáculo cunha proposta sonora e estética que transita da casa á praza, da sobremesa á verbena. Un lugar de reunión, de conflito, de confesión e de festexo en comunidade onde o público é parte da tertulia.
MULTIMEDIA
En Directo
En Directo
Imaxe e son de Fillas de Cassandra para preparar a túa cita o Sábado 8 na Carballeira.






