Máis info da Carballeira

  • A carballeira celebrarase chova, neve ou quente o sol.
  • Non se pode pasar vidro ó recinto da Carballeira, nin bebidas de ningún tipo.
  • Hai zona de acampada gratuíta, debidamente sinalizada con WC e duchas. E pódese acampar dende día anterior, sen necesidade de instcribirse.
  • Non se pode aparcar dentro do recinto da acampada.
  • Hai máis zonas de acampada e parkings privados alleos a organización.
  • A entrada só se pode conseguir anticipada de forma online e ten un custe de 12€ o bono para os dous días. Só para o venres son 10€ e só para o sábado son 8€.
  • A venda física de entradas do venres comeza as 18h e teñen un custe de 10€. Os concertos comezan ás 22:00
  • A venda física de entradas para os concertos do sábado comenza ás 12h do sábado. E teñen un custe de 8€. Os concertos comezan ás 21:30
  • Os nenos menores de 14 anos e os maiores de 60 anos non pagan entrada.
  • Coa entrada porase unha pulseira conmemorativa aos asistentes que é intransferible. Para poder entrar e sair do recinto.
  • A partir das 12h do sábado comenzará o mercado de artesanía e inchables gratis con animación para os nenos.
  • A partir das 13h do sábado haberá sesión vermú e unha mexilloada de balde.
  • Non se pode vender nin poñer ningún posto de venda dentro do recinto da Carballeira agás os acordados coa organización na feira de artesanía
  • A partir das 18:30h comeza a gran foliada.
  • No recinto da Carballeira, hai a venda comida e bebida variada a prezo da rúa.
  • Vaise a vender un vaso ecolóxico con deseño exclusivo por 1€ que podes reutilizar e levar de recordo.
  • Podedes mercar un Xerro da carballeira por 10€ co que tedes dereito a: un litro de viño, un anaco de empanada e toda a queimada que queirades.
  • Resérvase o dereito de admisión, por motivos de seguridade.
  • No recinto da Carballeira cóntase con Protección Civil e persoal sanitario para calquera emerxencia.
  • Recordade que se celebra nun recinto natural, e temos que respectar o noso entorno o máximo posible.