sobre Argalleiros

sobre Argalleiros

Argalleiros é unha formación de pandeireteiros xurdida no Círculo de Actividades da Asociación Cultural Xacarandaina da Coruña. Con presenza activa en concursos, foliadas e festivais, o grupo ten como obxectivo difundir e dignificar o amplo patrimonio musical herdado das informantes do noso país. No escenario, a formación destaca pola fidelidade á súa sonoridade enxebre e pola posta en valor do canto colectivo, elemento identitario e senlleiro da música tradicional galega.

MULTIMEDIA

En Directo

En Directo

Imaxe e son de Argalleiros para preparar a túa cita o Sábado 8 na Carballeira.

O CARTEL

Tamén soan

Tamén soan