sobre Alana
sobre Alana

ALANA é un grupo que xorde no 2023 da man de Eloy Vidal, Antía Vázquez e Pablo Castro buscando poñer en valor a música tradicional galega, mesturándoa cos ritmos contemporáneos de base electrónica e pop. A súa proposta parte de recollidas, un traballo feito coa colaboración de moitas mulleres que axudan a coñecer e preservar a riqueza da música e da tradición. O seu estilo vén moi marcado pola presenza no directo de percusións tradicionais, así como melodías que invitan en todo momento ao baile.
MULTIMEDIA
En Directo
En Directo
Imaxe e son de Alana para preparar a túa cita o Sábado 8 na Carballeira.






