Nesta fin de semana celebrarase a XXXIII edición da Festa da Carballeira da Zas, e unha das iniciativas que se poñerá en práctica é a do vaso ecolóxico, unha idea afín ao entorno natural no que se celebra o evento.

O obxectivo desta iniciativa é ser máis respectuoso co entorno, intentando que unha mesma persoa volva utilizar o mesmo vaso durante toda a xornada; os asistentes que desexen consumir deberán pagar unha fianza de 1€ polo envase, que lle será devolta ao final da noite en caso de que o volvan depositar no seu lugar. A importancia de aforro do vaso ecolóxico é moi alta en canto a impacto ambiental, xa que, en xuntanzas deste tipo, xérese unha alta cantidade de lixo plástico, debido ao alto número de vasos usados creados con este material. Deste xeito, os que depositan a fianza e queren recuperala, deben estar pendentes de cómo acaba o envase ao final da noite. Con isto conseguiremos reducir a cantidade xerada de lixo nun evento destas dimensións, evitando residuos plásticos e o estrago de vasos unha vez rematada a bebida do seu interior.

Cabe recordar que a Carballeira se celebra nun entorno natural único, cun cartel que recolle o máis destacado do panorama nacional e internacional do mundo folk. É deber de todos respectar a contorna e facer deste Festival un evento do máis agradable é sostible medioambientalmente.