41ª EDICIÓN · 2026 · CARBALLEIRA DE ZAS · A Coruña

Festa
daCarballeira
de Zas

Festa
daCarballeira
de Zas

DATAS

7 – 8 agosto

EDICIÓN

41ª

41ª EDICIÓN · 2026 · CARBALLEIRA DE ZAS · A CORUÑA

Festa
daCarballeira
de Zas

Festa
daCarballeira
de Zas

DATAS

7 – 8 agosto

EDICIÓN

41ª

CONTA ATRÁS · PRIMEIRO ACORDE EN:

0
0
0
0
Días
0
0
Horas
0
0
Minutos
0
0
Segundos

CARTEL · 2026

Os que SOAN
na carballeira

Os que SOAN
na carballeira

Dous días, escenarios baixo carballos centenarios. Programación tradicional, folk e raíz contemporánea.

VENRES · 7 · A PARTIR DAS 22:00

  • Escenario Estrella Galicia

    Baiuca

    Venres 7

    0:00

  • Escenario Estrella Galicia

    David Pasquet

    Venres 7

    1:30

SÁBADO · 8 · A PARTIR DAS 12:00

  • Escenario Estrella Galicia

    Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre

    Sábado 8

    14:30

Entradas dispoñibles

Asegura o teu sitio antes de que esgoten as entradas.
Os prezos suben en taquilla.

NOVA SECCIÓN · 2026

De palique

De palique

Conversas con quen fai e quen fixo a Carballeira. Entrevistas, memoria oral e cousas que só se contan á sombra dun carballo.

Bea e Felipe

A familia detrás do voluntariado da Carballeira

Neste capítulo de De Palique falamos con Felipe e Bea, dúas caras imprescindibles da Festa da Carballeira.

Felipe é o home da parrilla. O que leva anos alimentando a milleiros de asistentes edición tras edición. Pero sobre todo, é desas persoas que deixan pegada pola súa bondade.

E despois está Bea. A primeira cara que moitos atopades ao chegar ao festival. A que abre as portas da Carballeira cun sorriso e un traballo incansable detrás.

Levan toda a vida con nós. Dende rapaces. E agora tamén transmiten ese compromiso ás seguintes xeracións.

Porque a Carballeira tamén se constrúe así: con xente que a vive como parte da súa vida.

Unha conversa sobre familia, traballo e amor por un festival.

Lelucha e Benedicta

Lendas vivas da nosa tradición

Neste capítulo de #DePalique coñecemos a Lelucha e Benedicta, dúas irmás que naceron coa pandeireta na man e levan toda a vida ligadas á música tradicional galega.

Son auténtico foco de recollidas, fonte viva da tradición oral e musical de Galicia. Polas súas casas pasaron nomes fundamentais como Mercedes Peón, Quique Peón, Xabier Díaz, Xurxo Fernández ou Churía, entre moitos outros, para escoitar, aprender e manter viva a música de raíz.

Aquí é onde todo comeza. Onde a música nace de verdade.

Unha conversa coa memoria viva da tradición.

Xabier Díaz

Amor por Zas e pola Carballeira

Nesta ocasión sentamos con @xabierdiaz_music, unha das figuras clave da música tradicional galega.

Cantante, pandeireteiro e gran coñecedor da tradición, Xabier mantén unha relación moi especial con Zas: foi profesor de gaita na vila, realizou recollidas na zona e quedou profundamente ligado ao territorio.

Non é a primeira vez que pisa o escenario da Carballeira; esta será xa a cuarta vez. E cada unha delas deixa pegada.

Unha conversa sobre música, tradición, memoria e vínculo cun lugar que forma parte da súa historia.

Héctor

O ollo detrás do cartel da Carballeira

Neste capítulo de “De Palique” coñecemos a un dos perfís máis recoñecibles da festa: fanático da música tradicional, do folk e da música internacional, e unha das voces que máis inflúe, sen facer ruído, no cartel da Carballeira.

Porque si: moitas das decisións pasan polas súas recomendacións. E sempre acerta.

Héctor leva vindo á Carballeira dende pequeno, ten familia en Zas e forma parte desa xente que entende o festival dende dentro, dende sempre.

E se algunha vez estivestes na Carballeira…seguro que o vistes. Fácil de recoñecer: sempre coa súa bandeira do Reino Suevo, símbolo do antigo reino de Galiza.

Unha conversa sobre música, identidade e paixón por un festival que é moito máis ca iso.

Manuel Bouzas

O home que creou a Carballeira

Neste novo capítulo de De Palique, sentamos con Manolo Gaiteiro —ou Manolo Trompeta para moitos—, unha das figuras clave na historia da Festa da Carballeira.

Creador do festival, impulsor dunha tradición que leva máis de 40 edicións, e unha persoa que continúa traballando a día de hoxe para que a Carballeira siga viva.

Porque hai xente que non só forma parte dun festival.
Hai xente que é o festival.

Manolo leva a Carballeira por bandeira vaia onde vaia.
E nesta conversa falamos de orixes, de evolución e de todo o que hai detrás dun evento que xa é historia da música tradicional galega.

Unha conversa sobre voluntariado, identidade e amor pols Carballeira

Uxía Varela

Unha historia de voluntariado

Neste novo capítulo de #DePalique, falamos con @uxiavb, representante do @festiletras do Couto e exemplo de implicación no voluntariado cultural dende moi nova.

Porque hai algo que conecta moitos dos nosos festivais: a xente que os fai posibles.

Uxía leva anos colaborando en iniciativas culturais, igual que tantas persoas que medraron entre escenarios, organización e música tradicional galega.

E como non podía ser doutro xeito…probou a Carballeira. E quedou enganchada.

Unha conversa sobre voluntariado, identidade e amor polos festivais.

Víctor Cebey

Unha historia de fidelidade

Natural de Carballo, leva vindo á @festadacarballeira dende os 18 anos. Ano tras ano. Sen excepción.

Mesmo nos anos nos que non houbo festival por mor da pandemia, el seguiu mantendo vivo ese vínculo coa Carballeira.

É un dos fieis.
Un dos que sempre están.
Un dos nosos mellores embaixadores.

Unha historia de compromiso, de música e de identidade.

Ángela Costa

Música tradicional galega na Festa da Carballeira 

Ela é Ángela Costa, aínda que moitos xa a coñecedes como @xela_cantareira_11.

Toda unha vida ligada á música tradicional e á Festa da Carballeira. Ano tras ano é a encargada da tenda do festival e unha das persoas máis querida pola asociación.

De feito, nin sequera sabe dicir cando empezou a axudar. Faino dende pequena.

Nesta última edición da Festa da Carballeira tamén debutou con nome propio no escenario como Xela a Cantareira, demostrando o que xa sabían moitos: que a súa voz non é deste mundo.

Ela é de Zas.
E esta é a súa historia.
A nosa historia.

E máis conversas no canal oficial da Festa

NOVAS · DA CARBALLEIRA

Últimas Novas

Últimas Novas

Confirmacións, prensa, notas da organización e memoria do festival.

Saca a túa entrada

Saca a túa entrada

Sostén o festival. Cada bono axuda a manter vivo un dos eventos folk máis veteranos de Galicia, sen perder a esencia desde 1985.

Online

Taquilla

Bono 2 días

Venres e sábado

21

30

Día solto

Venres ou sábado

13

20

Menores -14

Acompañados

Gratis

Maiores + 65

Ben o merecen

Gratis

RECARGA PREVIA DE SALDO

Evita colas e empeza a desfrutar da festa desde o primeiro minuto.
Recarga o teu saldo online antes do festival e consigue saldo extra de regalo para consumir nas barras da Carballeira. Máis cómodo, máis rápido e con vantaxes exclusivas por anticiparte.

RESERVA MERCHAN

Non te quedes sen o merchan oficial da Carballeira de Zas.
Reserva online as túas camisetas, sudadeiras e produtos exclusivos e recólleos directamente no festival. Unidades limitadas e deseños únicos desta edición.

Programas

Consulta todos os programas da Carballeira.

Como chegar

Todos os camiños levan á Carballeira.

Servicios

A Carballeira coida de ti.

Acampada

Amplo espazo para acampada.

Vémonos na
Carballeira

Vémonos na
Carballeira