Inicio/Artigos/Novas/NA CARBALLEIRA DE ZAS, COIDASE DO MEDIO AMBIENTE

NA CARBALLEIRA DE ZAS, COIDASE DO MEDIO AMBIENTE

A 34º edición da Festa da Carballeira volve a apostar polo vaso reutilizábel, para deste xeito ter o menor impacto posible no medio ambiente. Esta iniciativa comezouse na edición de 2016, na que por primeira vez se fixo emprego deste tipo de vasos que foron un éxito absoluto.

O deseño desta edición será realizado tamén por Luis Davila, e o prezo do vaso será de 1€, podendo ser ben por compra ou por aluguer. Todos os festivaleiros poderán devolver os seus vasos reciclables antes de marchar e recuperar así a fianza depositada, ou ben quedar con eles como recordo desta edición.

Con esta iniciativa, na pasada edición evitouse a produción de máis de 100kg de lixo, que este ano se espera sexa maior, xa que hai unha previsión de incremento dun 30% dos asistentes, podendo chegar así a máis de 8.000 asistentes cada día.

Deste xeito pretendese concienciar aos asistentes na importancia de respectar ao medio ambiente, máis tendo en conta o entorno no que se celebra esta festa; unha carballeira de 14.500m2, que fai deste festival un entorno de características únicas.

By | 2017-07-20T19:24:51+00:00 Xullo 6th, 2017|Novas|Comentarios desactivados en NA CARBALLEIRA DE ZAS, COIDASE DO MEDIO AMBIENTE