Xosé Lois e Aliboria

O combo galego que dirixe o prestixioso multiinstrumentista Xosé Lois Romero leva demostrándo nos escenarios dende hai máis de 5 anos, a partir da publicación dun homónimo debut que servía como revulsivo catalizador para amosar un xeito absolutamente salvaxe e orixinal de acometer a música tradicional galega: a través de unicamente un coro de voces femeninas, e percusión tradicional, moita dela redeseñada para o proxecto, nun exercicio inédito de reinvención das ferramentas para facer música.

http://www.xoseloisromero.com/aliboria