Xisco Feijoó

Cantante, premiado bailador, coreógrafo, presentador de televisión, vocalista, mestre da ETRAD e coordinador da sección de canto da Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu son as máis destacadas faces dun artista total, traballador tenaz a prol do canto e do baile tradicional. Mais en todas elas, Xisco Feijoó é quen de deixar a súa pegada: a esencia máis fonda da música de creación colectiva, a partir da experiencia e a investigación, pero dende unha óptica moderna e renovadora.

Logo dun incesante labor de recuperación etnográfico ao longo de máis de trinta anos, e de colaborar en máis de vinte discos e espectáculos de artistas de raíz con proxección internacional (como Mercedes Peón, Xosé Manuel Budiño, Carlos Núñez, Berrogüetto, Kepa Junquera ou Rodrigo Romaní, entre outros), Xisco Feijoó presenta o seu primeiro traballo discográfico: PEIXE. Unha creación que bebe do máis puro e ascentral para achegar a mordenidade alén das peixeiras.

https://www.xiscofeijoo.com/