Neste capítulo de #DePalique coñecemos a Lelucha e Benedicta, dúas irmás que naceron coa pandeireta na man e levan toda a vida ligadas á música tradicional galega.
Son auténtico foco de recollidas, fonte viva da tradición oral e musical de Galicia. Polas súas casas pasaron nomes fundamentais como Mercedes Peón, Quique Peón, Xabier Díaz, Xurxo Fernández ou Churía, entre moitos outros, para escoitar, aprender e manter viva a música de raíz.
Aquí é onde todo comeza. Onde a música nace de verdade.






