SonDaRúa

SonDaRúa, unha das bandas con maior proxección do panorama galego dos últimos anos, volve á carga con Eterno Combate (PlayPlan 2020), o seu primeiro disco de longa duración tras o lanzamento do EP Liberando mentes (2018).

O grupo, formado por Hugo Guezeta e Álex Arnoso ás voces e That Bass como DJ, plasma neste novo traballo o seu estilo, que sempre bebe da ironía, da  musicalidade e a tradición oral popular galega, pero combinándoo co hip hop máis reivindicativo, de crítica social e política.