Pandereteiros O Fiadeiro

Pandereteiros O Fiadeiro

O obxectivo da Asociación Cultural Folclórica O Fiadeiro vén sendo, dende o seu nacemento no ano 1996, a recuperación da cultura tradicional galega, nomeadamente os bailes, músicas e cantares dos nosos devanceiros.

Coa finalidade de que esa tradición sexa proxectada nas novas xeracións, esta Asociación leva organizado, mediante os seus grupos de Baile e Música Tradicional diversos espectáculos nos que transfire o máis fielmente posible ós escenarios as músicas, cantares e danzas tradicionais recuperadas nun incesante traballo de investigación etnográfica e traballos de campo, tentando dotar a cada escena integrante dun interesante grao didáctico e vinculando cada unha das partes escénicas ós usos e costumes tradicionais do noso pobo en cada época.