Os petadores

Os petadores

Os Petadores naceron no seo da asociación de baile tradicional Churía de Zas.

Todos os seus compoñentes cantan e son multi-instrumentistas, polo que é unha formación moi versátil e na que cada peza soa diferente.

No repertorio mesturan pezas instrumentais de gaita con outras cantadas, tanto de gaita e acordeón coma de percusión. As súas actuacións sáense un pouco do habitual dos grupos tradicionais e son moi amenas e entretidas.