Mondra

Mondra

MONDRA é un artista, cantareiro e bailador. Medra vencellado á música e ao baile tradicional galego, asi como como ao teatro e o audiovisual.

Dende 2021, forma parte como vocalista e bailador, de DeMente, da compañía de danza Fran Sieira, unha das pezas con maior percorrido na historia da danza galega. No 2024, recibe o Premio Alfredo Iglesias, da Revista Coralia, a Artista Revelación.

En setembro de 2023, publica ARDÉN (Altafonte Music Spain). o seu primero traballo discográfico, producido por Berto.

O álbum presenta unha experiencia musical, visual e performativa, en diálogo coa música tradicional galega.

É unha proposta intima e irreverente a un tempo, un relato de resistencia e celebración.