Mileth

Un grupo que practica metal pagán galaico, unha mestura entre metal extremo, folk e música tradicional galega. No 2019 presentan esta particular fusión no seu  primeiro disco: Catro pregarias no albor da Lúa Morta, editado a través do selo ruso SoundAge Productions e do estatal Darkwoods.

A xénese destes “Fillos de Mil” remóntase ao ano 2009 na Mariña lucense, terra de onde emerxe a súa lírica enraizada nos místicos paisaxes do val do Xistral. Mais será uns anos máis tarde na cidade de Vigo onde o proxecto comeza a agromar devagar, mudando o seu son, inicialmente moi influenciado polo black metal melódico, cara unha música que mira ao folk e á tradición do seu país dende un prisma máis ecléctico dentro das diferentes ramas do metal, ao tempo que se van incorporando elementos recollidos datradición oral, da mitoloxía e da historia antiga galega, que se suman ao costumismo e á paisaxe na temática da súa música.

https://mileth.bandcamp.com//