Maneiro

Maneiro

Maneiro é natural da Pobra do Caramiñal, pero leva vivindo en Ribeira 25 anos. Empezou a súa carreira en solitario no 2014, sacando o seu primeiro single «Pies descalzos, besos salados».

Compaxinou a música con o traballo na fábrica onde exercía de condutor de carretillas elevadoras. Foi a conserva a súa maior fonte de inspiración. Moitas das súas letras foron escritas durante a xornada laboral.

Chega a celebración dos seus 30 anos na música con cambio de oficina, ficha por Nalgures Producións. Decide volver as súas orixes e recuperar a súa identidade, comezando a traballar na composición dun disco en galego.

Este novo disco chega cunha mensaxe clara: «O tempo de ser felís é agora» e un halo de gran misterio.