Lupe Blanco e Alba María

Pandereteira dende os sete anos, entra no mundo da regueifa recordando ó seu bisavó Blanco de Muiñoseco, considerado o “padriño” da regueifa en Bergantiños. Crea a súa páxina nas redes sociais “Regueifando pola vida” e colle un mérito notorio na comarca de Bergantiños, tanto é así que colabora dende o 2016 cunha regueifa semanal en Radio Voz Bergantiños e publica no dominical da Voz de Galica edición Carballo.

No 2017 veu a dar os pregóns do día da muiñeira (Carballo ) Noite no Medievo (Rioboo- Cabana) e Festa da Pataca (Coristanco) todos eles a modo de regueifa. Colabora co proxecto Regueifesta impartindo obradoiros no ámbito educativo, e forma a primeira “Escola de regueifeiras” na Fundación Pondal (Ponteceso).

Participa no certamen internacional de regueifas en Valladares, e en actuacións destacadas como a Gala do Patrimonio (Cangas 2017).

Actualmente está considerada unha das mellores regueifeiras de Galicia pola conservación das tonadas características de Bergantiños.