Dios ke te crew

A banda máis emblemática do hip hop galego celebra o seu XX aniversario neste 2023 e anuncia xira: “Tremendos Anos 20”.

Despois de que nos últimos meses volveran tolo ao público dalgúns dos festivais máis importantes da escena galega, como o Noroeste Festival ou O Son do Camiño, entre outros, semellan máis en forma ca nunca e atópanse no seu momento máis doce e activo como banda, gañando a cada paso en calidade, difusión e capacidade de convocatoria.

O novo directo contén unha potente posta en escena audiovisual, na que as imaxes creadas polo artista de renome internacional e precursor do Gif Art, A.L. Crego, arroupan e interactúan co contido das cancións da banda, aumentando de maneira exponencial ás xa de por si enérxicas actuacións que os caracterizan.

https://www.diosketecrew.org/