The Ninghures

The Ninghures

De Ninghures é a opción para calquera que busque unha experiencia única. O inicio do grupo remóntase ao ano 2022 co lanzamento do seu primeiro álbum titulado ‘Aquí’. O cheo total da presentación do disco na Sala Malatesta, compartindo escenario con OÎMA na súa despedida, xa demostraba a magnitude do que De Ninghures sería despois.

O seu single máis recente, ‘Morena’, lanzado a finais do 2023, resalta a continua evolución dos sons do grupo. Creando auténticos himnos que invitan ao público a entregarse á súa forma de facer. Gravado e masterizado en Estudios Mans co respaldo de Son Emerxente baixo a dirección de Juan de Dios, Morena é unha manifestación concreta da destreza artística do grupo.