Brincadeira

Brincadeira

As pandereteiras da nosa agrupación interpretarán un amplo repertorio facendo representación das xuntanzas das mulleres que facían festa acompañadas de múltiples instrumentos de percusión segundo a dispoñibilidade e a zona na que vivían: pandeireta, pandeiro, pandeira, lata de pimentón, cunchas, culleres, ferriños e mesmo a tixola coa que cociñaban. A variedade de instrumentos trae consigo as diferentes e meritosas técnicas do tocar e do cantar que elaboraban as nosas predecesoras.

Un exemplo do que Brincadeira ten recollido por toda a xeografía galega e que trata de expoñer a través das súas actuacións, tentando manter a bravura e o donaire das mulleres informantes que mantiveron viva a esencia da nosa música.