Xela Cantareira

Cunha longa traxectoria musical en Churía, Xacarandaina, Xiradela, e cos Petadores, Xela Cantareira estréase coma solista cunha banda que a acompañará nunha viaxe pola música tradicional galega.

A súa voz e as diversas percusións que toca, serán engrandecidas con outras instrumentacións e coros da banda que a arroupa.
Sen afastarse da música tradicional, os arranxos e acompañamentos do seu repertorio, conseguen unha experiencia única, enriquecedora e pouco habitual.

Compartir