Servizos
do
festival
Servizos
do
festival
Todo o que precisas para pasar dous días na Carballeira: acampada, duchas, asistencia sanitaria, cociña, artesanía e mercado ecolóxico.

Gratuito
Zona de
acampada
Zona de
acampada
Se optades por aloxarvos no cámping, garantimos un amplo espazo situado nun entorno natural. Trátase dunha zona de acampada gratuíta situada a uns metros do Festival, onde poderedes dispoñer doutros servizos como zona de aparcamento e cafetería próxima.
Baños portátiles
Tanto na zona do festival como na de acampada dispoñemos dunha rede de WC portátiles e lavabos.
Duchas
O Polideportivo Municipal de Zas faise dispoñible para a xente que está aloxada na acampada. Auga quente.
Horarios
Asistencia sanitaria
Durante a completa celebración do evento en ámbolos dous días contaremos con servizo médico dentro do recinto.
cociña e tapas
O Festival conta cunha parte gastronómica, na que poderedes degustar diferentes tapas sen necesidade de cociñar ou ir lonxe do recinto para comer.
Feira de artesanía
Durante toda a xornada do sábado, contaremos con feira de artesanía no noso recinto, con horario ininterrompido de 12h da mañá a 22h da noite.
Mercado ecolóxico
Poderás coñecer e mercar produtos totalmente ecolóxicos, coa súa procedencia natural garantida. O horario será de 12h a 22h, no recinto da Carballeira
Espazo lúdico infantil
Os máis cativos terán no recinto da Carballeira animación e inchables durante a xornada do sábado pola tarde.
Aloxamento
Cerca do festival hai moitos aloxamentos ¡sobre todo rurais!. Máis info
Coidámonos na Carballeira
Coidámonos na carballeira
A festa é de todas. Contamos cun protocolo activo contra violencias machistas, equipo formado en LSE.






