Perfusión

Un recente estudo da USC e a Oxford University revela que o 12% da compoñente xenética da poboación ten orixe africana, isto pode explicar as raíces de PERFUSIÓN: unha mistura única, natural e enerxética da música e baile galego coa música e danza africana.

Un espectáculo visual e sonoro, no que as vibrantes percusións, as doces melodías e as fermosas danzas de ambas culturas, son fusionada de xeito orgánico para facer desfrutar a todo tipo de públicos.

Estas 4 mulleres galegas e estes 4 homes galegos amosan, coa súa sorprendente proposta, que a unión de culturas a través da arte é unha ferramenta para promover a solidaridade e a empatía entre os pobos do mundo.

 

E así levan facendo dende o ano 2011, por varios países, actuando en eventos e espazos culturais como: “Festival Boulegan a l’Ostal” (Saint Jean du Gard, Francia), Aniversario “Allatantou” (Porto, Portugal), Festival “Vibra Balboa” (Balboa, León), “Festa da Dorna” (Ribeira, Galicia), Festival “Gadélica” (Sargadelos, Galicia), entre outros.