O Ghusto do Boi

Somos O Ghusto do Boi, un grupo de amigas e amigos que formamos unha murga tradicional ala polo ano 2011. A nosa formación esta composta por gaitas, saxo, clarinete, acordeón, percusión, e sobre todo, as nosas voces. Levamos anos tocando en todo de tipo de acontecementos: concertos de música tradicional, festas, romerías, magostos, cantos de taberna, alboradas, festivais indoor, xantares e outro tipo de eventos veciñais e privados. Ante todo, somos un grupo de xente que lle gusta a música tradicional e desfrutamos tocando sexa onde sexa (na rúa, no escenario, na taberna, etc.)

O título do espectáculo para este ano 2016 refírese o inicio deste novo ano con enerxías renovadas, novos integrantes e novas pezas e reflicte un pouco a nosa forma de ser, somos un grupo moi caralleiro e festeiro e desfrutamos facendo cantar e bailar a xente. Durante as nosas actuacións, tocamos unha gran variedade de ritmos (xotas, muiñeiras, pasodobres, rumbas, maneos, valses, etc.) tanto bailables como para cantar que pertencen o repertorio tradicional de diferentes formacións referentes da música galega.

Recentemente incorporamos o espectáculo un libriño totalmente gratuíto que repartimos entre o público onde aparecen as letras dos nosos máis notables éxitos (A vaca leiteira, Non hai ron, A Carolina, A churrusqueira, etc.) que ten moi boa acollida e axuda a que o público interactue mais no espectáculo.