Máis info da Carballeira
- A Festa da Carballeira celebrarase chova, neve ou quente o sol.
- Non se pode pasar vidro ó recinto da Carballeira, nin bebidas nin comida de ningún tipo agás auga e comida dos nenos pequenos ou persoas con intolerancias ou necesidades especiais.
- Hai tres zonas de acampada gratuíta, debidamente sinalizadas e provistas de WC e duchas. Unha das zonas destínase para tendas de campaña e a outras dúas son específicas para caravanas e campers. Pódese acampar dende día anterior, sen necesidade de inscribirse nin reservar
- Non se pode aparcar dentro do recinto da acampada. As zonas de acampada son zonas de descanso e recollemento, non de festa.
- Hai máis zonas de acampada e aparcadoiros privados alleos á organización.
Os horarios dos buses de liña regular pódense consultar en https://www.bus.gal/
- As persoas menores de 14 anos e os maroires de 60 anos non pagan entrada. Pero si teñen que pasar por taquilla para ensinar o DNI e que lle poñan a pulseira.
Todas as persoas menores de idade deben ir acompañadas por unha persoa adulta responsable e levar unha autorización firmada polos titores legais. Esta autorización pódese descargar da web ou solicitarse no despacho de entradas. Máis info http://www.festadacarballeira.com/menores-de-idade/
- As entradas poden escanearse dende o móbil. Non fai falta imprimilas.
- A entrada só se pode conseguir anticipada de forma online e ten un custo de 18€ no caso do bono para os dous días e 10€ para un día.
- A venda física de entradas do venrescomeza ás 19h e teñen un custo de 25€ no caso do bono para os dous días e de 15€ para un só día. Os concertos comezan ás 22:30h.
- A venda física de entradas para os concertos do sábado comenza ás 12h do sábado. E teñen un custe de 15€. A sesión vermú comezan ás 13:00 na que xa hai concertos e continua pola tarde coa gran foliada ás 18:00 que dá paso aos concertos da noite ás 22:00
- Coa entrada porase unha pulseira conmemorativa que é persoal e intransferible e será indispensable para poder entrar e saír do recinto.
A pulseira conmemorativa funciona coma tarxeta prepago. Pódese cargar con cartos (nos postos habilitados) para gastar en consumicións de comida e bebida dentro do recinto da festa. Este será o único medio de pago na festa (excepto feira de artesanía). Os cartos sobrantes serán devoltos por medio de transferencia bancaria aos usuarios.
- SI se aceptan pagos con tarxeta, móbil e tamén en efectivo. Para mercar entradas e cargar a pulseira.
- A partir das 12h do sábado comezará o mercado de artesanía é haberá inchables gratis con animación e obradoiros para os nenos.
- A partir das 13h do sábado haberá sesión vermú e unha mexilloada de balde
- Non se pode vender nin poñer ningún posto de venda dentro do recinto da Carballeira agás os acordados coa organización na feira de artesanía.
- No recinto da Carballeira hai á venda comida e bebida variada a prezo da rúa. E pratos veganos e tamén opcións para celiacos.
- Vaise vender un vaso ecolóxico con deseño exclusivo por 1€ que podes reutilizar e levar de recordo ou podes devolvelo e dámosche 1€
- Podedes mercar un xerro da carballeira por 6€ co que tedes dereito á famosa Gran Queimada da Festa da Carballeira e enchelo as veces que queirades.
- Tamén haberá camisetas, suadoiros e outros produtos a venda deseño exclusivo da Festa da Carballeira.
- Resérvase o dereito de admisión, por motivos de seguridade.
- Pódese acceder con animais de compañia á zona de acampada e ao recinto do festival, sempre cumprindo a lexislación vixente.
- No recinto da Carballeira cóntase con Protección Civil e persoal sanitario para calquera emerxencia.
- Recordade que se celebra nun recinto natural e temos que respetar a nosa contorna o máximo posible.
Aquí podedes ver como chegar, así como as distintas localizacións dos diferentes servizos https://i.gal/MapaFestaDaCarballeira