Maneiro

Catuxa Salom

A fusión de ritmos indíxenas arxentinos, folclore galego e bases electrónicas enérxicas é a carta de presentación de Catuxa Salom, unha artista que irrompe con forza na escena independente coa publicación do seu EP Nunha aldea, sobre o achegamento ao mundo rural.

Logo de percorrer salas de concertos e festivais de toda España, e compartir escenario con artistas como Rozalén, El Kanka ou Sra. Tomasa entre outros nomes.

O seu directo ofrece unha experiencia visual e sonora envolvente, cunha posta en escena diseñada por Javier Marimón, vestiario vangardista de Ana Surma e o acompañamento de Lucía Cortiñas e Yudit Almeida na percusión, contrabaixo e sintetizadores.

No 2024 recibe o Premio Martín Códax na categoría “Músicas do Mundo e Mestizaxe”.

Cāldo é o seu primeiro LP publicado ennovembro de 2024. Un álbum feito “para facerbailar”, no que os instrumentos de raíz, oscoidados e a natureza se mesturan coa músicaelectrónica, afrobeat ou reggaeton.

Compartir