As lerchas

As lerchas son un grupo de pandereteiras de Agualada e aldeas próximas. Levan dende moi pequenas tocando a pandeireta e cantando baixo a dirección de Miro Regueira.

Creen na música tradicional como símbolo e estandarte da nosa cultura e identidade. Unha música tradicional que fai comunidade, que une e que é vehículo de xuntanzas e amizades. Para interpretar ben esa música hai que ter pouca vergonza, ou o que vén sendo o mesmo, ser un pouco lercha.

Compartir