
Mercedes Peón
Compositora heteroxénea, vocalista e multiinstrumentalista galega. A formación musical de Mercedes Peón ven da súa inmersión en aldeas galegas durante 25 anos dende que, tendo tan só 13 anos, escoita cantar ás mulleres da creación colectiva musical da Costa da Morte. O tocar da pandereta e o cantar da ribeirana son o detonante para asombrarse da inmensa beleza das cancións, bailes, contos e vivencias das habitantes das aldeas.
Comeza así unha intensa recopilación de campo e aprendizaxe de iso que ela nomea como “creación colectiva de microhábitats”, que transmitirá a través da aprendizaxe nas escolas municipais, na Televisión Pública de Galicia ou en universidades como Sorbona, Porto ou País de Gales, entre outras. No ano 2000 grava o seu primeiro álbum, Isué, unha obra contemporánea, festiva e explosiva, reflexo do que Mercedes Peón chama “música de autoestima cultural” onde se abre un universo de eclecticismo, recoñecemento hacia o local e difícil etiquetaxe.