
Caamaño&Ameixeiras
A EXPANSIÓN DA MÚSICA TRADICIONAL GALEGA A NIVEL INTERNACIONAL
Caamaño&Ameixeiras é un dos grandes expoñentes a nivel internacional da nova música tradicional galega. Resignificando a música e o baile de raíz cos sons máis contemporáneos, o dúo está expandindo o seu talento alén das fronteiras galegas. O seu tratamento íntimo e profundo da tradición popular galega está levando a Sabela Caamaño e Antía Ameixeiras a destacar no panorama estatal e internacional.
Cunha posta en escena impactante, coidada e atrevida, contan xa con grandes e numerosas actuacións, levando os seus directos a países como Italia, Bélxica, Francia, Portugal, Eslovaquia, República Checa ou Austria.
Ademais, as súas cancións acumulan xa centos de miles de escoitas en plataformas dixitais, os seus discos levan miles de copias vendidas e veñen de colaborar con artistas da talla de Rodrigo Cuevas.