A banda da loba

A banda da Loba regresa aos escenarios con máis forza ca nunca. As Lobas reaparecen cun novo traballo que se chamará “Lovismo” e que verá a luz a comezos de 2025.

Sen abandonaren o seu característico estilo caleidoscópico, falarannos de diferentes tipos de amor a través da bachata, o pop ou a música disco, sen deixar de lado a inspiración literaria da que sempre botan man e reivindican.

A banda está integrada por Andrea Porto (baixo), Estela Rodríguez(violín), Marcela Porto (percusión), Xiana Lastra (voz) e Iria de Cabo (guitarra), que chega á formación substituíndo a Inés Mirás.

ABDL é compromiso, reivindicación e fusión a través dunha música moi diversa e, ao mesmo tempo, moi característica, que encaixa con todo tipo de público.

Compartir