Monoulious DOP

Monoulious DOP nace en 2012 como un proxecto musical único e exclusivo para internet. A curiosidade de Ula e Mon, dous amigos de toda a vida, fai que empecen a subir videoclips que eles mesmos producen e que coa forza das redes sociais pronto contan co apoio do público.

Este empuxe da xente é o que os invita a montar unha banda en clave de rock. Despois

de ofrecer un bo número de concertos pola xeografía galega presentando a nova banda na primavera de 2017 sacan o seu primeiro disco, un dobre LP baixo o nome de “LP Padre” no que a banda saca a luz un bo puñado de temas novos e recupera algúns dos temas antigos que mellor aceptación do público tiveron. O disco foi presentado durante todo o verán e resto do ano en festivais e en algunhas das mellores salas galegas.