Loading...
Inicio/PelePau
PelePau 2017-06-02T15:42:38+00:00

PelePau

Pelepau nacen en Vigo, no ano 2010, formado por 12 percusionistas todos eles mestres en escolas e agrupacións de música e danza tradicional galega e de reconocida traxectoria no panorama musical galego.

“Fío e agulla” é o título do disco que vén de editar o grupo “Pelepau”, que fan unha adaptación de cantigas populares de diferentes procedencias (galegas, brasileiras, uruguaias, sefardíes, africanas,…) adaptadas para as voces e percusións tradicionais cunha posta en escea dinámica e en constante interacción co público. Un percorrido pola música popular galega, misturada e influenciada polos ritmos tradicionais doutras culturas que viñeron da man dos emigrabntes retornados e que ainda conviven na colectividade emigrante galega.

13 temas, que son parte do seu repertorio nos directos festeiros por toda Galiza, que foron gravados .o nos durante os dous últimos anos nos estudios do membros do grupo e Suso Queixón e coa edición de outro dos membros Alberto Costas. Un traballo propio e coidado coma ben merece o seu primeiro cativo.