Loading...
Inicio/Lenda da Carballeira
Lenda da Carballeira 2017-06-02T15:42:42+00:00

Lenda da Carballeira

Segundo contan as lendas locais, no cumio do monte Castro agochan os mouros un formidable tesouro de barras de ouro e prata desde tempos inmemoriables. A verdade é que ata o momento ninguén se atreveu a buscalo dado que, o día que se atope, esas mesmas lendas falan de grandes desgrazas que provocarían o afundimento da vila de Zas. Por este motivo fai xa vinte anos que os mozos e mozas da Asociación Cultural CASTRO – MEDA decidiron organizar unha cerimonia que tivese contentos os espíritos do monte Castro e que, ao mesmo tempo, reconfortase a todos os mortais da bisbarra. Naceu así a festa da Carballeira aos pés do monte Castro.