Loading...
/Harmonica Creams
Harmonica Creams 2018-05-29T16:56:29+00:00

HARMONICA CREAMS

“Celtic blues” — un novo tipo de banda de folk de Xapón.

Usan a combinación dos timbres eclécticos da armónica, o violín, a guitarra e a percusión. Harmonica Creams fusiona a acústica e a electrónica para crear un son único. A distinta sensibilidade de Yoshito Kiyono, o líder con residencia en París, e experto coa armónica, fusiona a estética do caos e a armonía. O grupo conta as súas historias mediante unha conversación musical, texendo unha ranura en espiral que é o mesmo tempo delicada e potente.

No Festival de Ortigueira de 2012, Harmonica Creams recibiu o seu primeiro premio do concurso ‘Runas’- esta foi a primeira vez para unha banda de un país fora de la tradición celta.

Os seus traballos de estudio foron presentados en numerosas radios e revistas europeas e xaponesas.

Yoshito Kiyono (armónica)

O líder de Harmonica Creams, Yoshito, foi colaborador de Hilaire Penda, ex baixista de John McLaughlin y Salif Keita. A súa sensibilidade armónica está confirmada polos mellores músicos negros de todo o mundo, e o seu recurso musical chega mediante as fronteiras culturais. Hoxe Yoshito é o primeiro probador oficial de Asia para a tradicional fabricante alamana das armónicas SEYDEL.

Aiko Obuchi (violín)

É a vocalista de Harmonica Creams, ademais de unha virtuosa do violín. O seu extraordinario sentido da velocidade e o ritmo vense reforzados polo seu dominio técnico, solidifica a súa presencia como un dos mellores violinistas da actualidade. O seu frescor durante el desenrolo contrasta co estilo de lume, creando unha mística irresistible a esta nova violinista. Á vez tímida e feroz, a súa música é un perfecto reflexo da súa personalidade.

Koji Nagao (guitarra)

A guitarra é un elemento básico na escena xaponesa de música celta. Koji é membro de varias bandas. Sostendo a súa guitarra no alto da cintura, conduce o seu son como un buque rompe xeos – rápido, constante e inflexible. Con un corazón aberto e unha boca que nunca cala, fala libremente dos seus pensamentos máis profundos.

HISTORIA

  • 2009: A banda comezou co breve regreso de Kiyono Yoshito a Xapón dende Francia. Inicialmente concibido como un experimento de verán que mezclaba el blues e a música celta, debutaron no Festival de Arte Senju.
  • 2010, 2011: Harmonica Creams recorreu as rexións de Kanto y Kansai. Despois da xira, publicaron o seu primeiro álbum “Analyse de toucher”.
  • 2012: Participou en festivais de música celta como el “Festival de Ortigueira” en España, onde o grupo ganou o 1er premio entre a competencia internacional, converténdose nos primeiros estranxeiros en gañar dito galardón.

Editaron 5 traballos de estudio y fixeron varios tours por Xapón e Europa

Harmonica Creams “Analyse de toucher” por Emerson Kitamura

Con raíces no estilo de armónica de blues, levan un tono optimista e tranquilizador. Pero é na súa unión co violín, cando os dous son crean unha paisaxe rica, que é realmente única. A guitarra crea o pilar da sección rítmica, e a súa presencia aquí non pode pasarse por alto. A percusión leva un son moi simple e busca completar a imaxe que a banda pretende crear.

A interpretación da melodía de algunha maneira reflexa o estilo da música techno: no é so un novo timbre, é unha actuación de textura fina. Este tipo de sensibilidade non é diferente a das bandas contemporáneas de indie rock. Cada membro mantén o seu propio estilo, o seu primeiro disco surxe precisamente desta interacción: non é so unha cuestión da execución, se non un encontro de catro personalidades musicais distintas.