Loading...
Inicio/Foliada na Carballeira
Foliada na Carballeira 2017-06-30T16:36:09+00:00

Foliada na Carballeira

A Festa da Carballeira convoca a todos os amantes das foliadas, ruadas e seráns a participar na xuntanza máis multitudinaria de Galicia, encargada de abrir o noso festival.

Non queremos que vos falte de nada e por iso ofrecemos:

  • Entradas gratuítas* para os músicos.
  • Servizo de consigna para gardar baixo chave todos os instrumentos durante o festival.
  • Comida e bebida para recuperar forzas.
  • Moita festa, moita música e moita diversión nunha das noites máis máxicas do folk galego.

Inscrición aberta, contacta connosco a través do enderezo foliada@festadacarballeira.com para enviarnos os teus datos:

  • Nome da asociación/grupo e responsable.
  • Número de teléfono de contacto.
  • Número aproximado de asistentes por grupo (Músicos).

Non podes faltar! Apúntate xa!