Loading...
Inicio/Dequenvessendo
Dequenvessendo 2017-06-09T17:38:12+00:00

Dequenvessendo

Dequenvessendo somos un grupo d’A Coruña formado en 2016 a partir da A.C. Triskell de Armentón, Arteixo onde nos coñecimos e na cal tamén participamos.

Durante o tempo que levamos como formación, un ano, a pesar de que individualmente levásemos máis tempo tocando; pasamos por numerosas Foliadas como a Foliada de Cerqueda ou a de Monte Alto. Tamén estivemos en moitos Cantos de Taberna como o que se organizou no Caurel por primeira vez, ou na segunda edición dos Cantos de Taberna da Fonsagrada. Tamén tivemos oportunidade de estar en actos tan importantes como: Inauguración da exposición do XXX Aniversario de Luar na Lubre, participar na apertura da Xira do XXX aniversario de Luar na Lubre en Compostela compartindo escenario con Ismael Serrano, Coral de Ruada… Concerto-Conferencia sobre a música tradicional no Auditorio da Fundación Paideia (Praza de María Pita, A Coruña).

Xa por último, participamos na 28° Edición do Concurso de Xacarandaina na categoría de cuartetos onde acadamos o 3° premio.

Integrantes do grupo:

  • Bieito (gaita)
  • Pablo (gaita, whistle)
  • Miguel. R (bombo, acordeón diatónico, caixón flamenco)
  • Miguel.O (bodhran, tambor, darbuka)