Loading...
Inicio/Como Chegar
Como Chegar 2017-06-02T15:42:41+00:00

Como chegar

Coordenadas GPS:

43°05’39.5″N 8°54’57.6″W

Información de liñas de Autobús.

Zas atópase ao noroeste da comunidade galega, na provincia da Coruña. Pertence á comarca de Soneira, formando parte, ademais, do que se denomina Costa da Morte, aínda sendo un concello sen saída ao mar

O concello de Zas ocupa unha longa franxa estreita e alongada en sentido norte sur sendo a distancia entre os extremos de 22 Km, o punto máis ao norte sería a vila de Baio e o máis ao sur, o encoro da Fervenza.

A comarcal 545 de Santiago-Baio atravesa Zas no quilómetro 45 e a comarcal 552 de Coruña a Fisterra atravesa o concello á altura de Baio, onde hai un desvio cara a Zas, quedando da capital provincial a un 60 Km. Polo sur, a LC-441 de Santiago a Muxía por Negreira, atravesa o concello.

As empresas de autobuses AUCASA e Autocares Vázquez teñen varias liñas regulares que atravesan o concello, sendo esta unha boa maneira de chegar a Zas se non se dispón de coche.