
Grupo de gaitas Xiradela
A Asociación Xiradela é unha entidade comprometida coa preservación e difusión da cultura tradicional galega dende os anos 80 ata hoxe en día, fomentando o valor da música, a danza e as tradicións populares. Dende esta Asociación chega un grupo de mulleres formadas na música tradicional, con idades desde os 15 anos en adiante, que interpretarán varias pezas emblemáticas. Cada unha delas toca un instrumento diferente ; gaita, pandeireta, bombo …para ofrecer unha actuación chea de forza, emoción e identidade.