
Chorima
Formadas dende ben cativas nas escolas da asociación de baile tradicional Churía, son o futuro da gran tradición de cantareiras de Zas. Conseguiron facer un grupo compacto, unido, moi resolto e desenvolto, que parece que non se corresponde coa idade que teñen.
Xa levan varios anos amosando os seu repertorio por varias das foliadas da volta, incluída a Festa da Carballeira con moi boa acollida.
Se seguen nesta liña, de seguro que van dar que falar, e conseguirán defender e enxalzar o
gran legado que se lles transmitiu.