Rare Folk

Os andaluces RAREFOLK empezaron a ter unha formación estable aló polo ano 1992, pero foi dous anos máis tarde cando comezaron a rexistrar os primeiros temas en estudio e se empezaron a moldear todas as músicas e sons que chegaban aos seus oídos nun xogo constante coa fusión e sen máis compromiso que o da propia diversión.

O seus comezos están fortemente ligados á música celta tradicional, pero o seu permanente desexo de investigar e xogar coa música, fai que ao longo da súa traxectoria musical, esta deixe paso a outras manifestacións coma o jazz, rock, ritmos orientais e africanos e o influxo de ritmos e sons da música electrónica, todo iso combinado con gran mestría, a lume moi lento, destilando á fin, un son único que racha os seus propios moldes e ao que deron en chamar “ folk progresivo”.

Máis de 20 anos e cinco traballos discográficos avalan a traxectoria da banda, que en todo momento soubo reinventarse a sí mesma, nunha constante evolución e procura dunha linguaxe propia e definitoria que os distingue de calquera outra proposta musical.

FORMACIÓN:

  • MANGU DIAZ.- Mandolina Bouzouki, darbuka e programacións.
  • RUBEN DIEZ.- Frautas
  • MARCOS MUNNE.- Guitarras
  • LESLIE JORDAN.- Violín e teclados
  • FERNANDO REINA – Batería
  • OSCAR VALERO.- Baixo eléctrico

A prensa musical especializada dixo “con ellos nace el FREESTYLE FOLK”.
A súa actividade discográfica componse de 5 álbumes: Rarefolk(Q Records.1994), de forte inspiración celta; Green (BMG-Discos de Arte.1998), onde a música celta se abre a novos estilos; UNIMAVERSE (Fusion Art.2001); NATURAL FRACTALS (Fusion Art.2006) y GO (Fusion Art.2011).

No ano 2005, compuxeron a BSO, para a película Chapapote … o no, coprodución das televisións autonómicas, entre as que se encontra Canal Sur e que fala do drama que supuxo o afundimento do Prestige fronte ás costas galegas.

A creación do seu propio selo discográfico e a distribución nacional e internacional dos seus dos últimos traballos (NATURAL FRACTALS 2008 e GO 2011) a través de SONIFOLK, lévaos a comezar unha participación cada vez máis importante en festivais nacionais como Festival de Ortigueira, Festa da Carballeira, Foliada Folk, Getxo Folk, Festival de Folk de Segovia, Etnosur, Chiclana, Jimena de la Fra., Espantapitas, Estivalia,… e internacionais como Ollin Kan Internacional Festival en México, South DublinArts Festival, FeileOrras Festival, Fused Festival e Sai Festival en Irlanda, Sons De Verao Festival” en Azores, Al Cultur Encuentros Do Arte e A dentro en Portugal, National Day Fest en Gibraltar. UK e MontelagoCeltic Festival en Italia… entre outros. O eclecticismo que define o seu concepto musical, permitiulles compartir e gozar dos escenarios con prestixiosas figuras de todos os estilos, nacionais e internacionais (Capercaille, Shooglenifty, Wolfstone, LuarnaLubre, Berrogüetto, Hevia, FanfarreCiocarla, CathyJordan, Kalima, Tomatito, O’funk’illo, Narco, La Cabra Mecánica, Enemigos, … entre outros).

Agora volven cun CD recopilatorio dos seus 20 anos de carreira discográfica. Como eles aseguran, estes 14 temas, son “…un homenaje a nuestros inicios y a una gran aventura que nos ha regalado infinitas idas y venidas, generosos amigos, emocionantes encuentros y reencuentros…”.
RETROSPECTIVE é unha parada para recordar o vivido.