Durante a sesión vermú de sábado na carballeira repartiranse de balde entre todos os asistentes máis de 500 quilos de mexillóns a sesión vermú, que será amenizada por: Dequenvessendo, Fanfarria Taquikardia e Ce Orquestra Pantasma.

Ademais, poderase desfrutar da cociña tradicional galega presente na Festa da Carballeira de xeito tradicional a través dunha gran churrascada.

A partir das 18:30 da tarde terá lugar a tradicional foliada, que reunirá como cada ano numerosos grupos e asociacións musicais tradicionais. Esta xuntanza, é tradicionalmente unha das máis multitudinarias de Galicia, na que se unen diferentes artistas sen importar a idade.

Todos aqueles grupos interesados en facer parte poden inscribirse nesta dirección de correo: foliada@festadacarballeira.com. Os participantes terán entrada de balde o sábado e consigna para gardar os intrumentos durante o festival.