Máis info da Carballeira

  • A carballeira celebrarase chova, neve ou quente o sol.
  • Non se pode pasar vidro ó recinto da Carballeira, nin bebidas nin comida de ningún tipo agás auga e comida dos nenos pequenos ou persoas con intolerancias ou necesidades especiais.

  • Hai dúas zonas de acampada gratuita, debidamente sinalizadas e provistas de WC e duchas. Unha das zonas destínase para tendas de campaña e a outra é específica para caravanas. Pódese acampar dende día anterior, sen necesidade de inscribirse.

  • Non se pode aparcar dentro do recinto da acampada. As zonas de acampada son zonas de descanso e recollemento, non de festa.

  • Hai máis zonas de acampada e aparcadoiros privados alleos á organización.

  • Os horarios dos buses de liña regular pódense consultar en https://www.bus.gal/

  • Si se aceptan pagos con tarxeta, móbil e tamén en efectivo.

  • As entradas poden escanearse dende o móbil. Non fai falta imprimilas.

  • A entrada só se pode conseguir anticipada de forma online e ten un custo de 15€ no caso do bono para os dous días e 8€ para un día.

  • A venda física de entrada do venres comeza ás 19h e teñen un custo de 20€ no caso do bono para os dous días e de 12€ para un só día. Os concertos comezan ás 22:30h.

  • A venda física de entradas para os concertos do sábado comenza ás 12h do sábado. E teñen un custe de 12€. A sesión vermu comezan ás 13:00 na que xa hai concertos e continua pola tarde coa gran foliada ás 17:30 que dá paso aos concertos da noite ás 22:00

  • As persoas menores de 14 anos e os maiores de 60 anos non pagan entrada. Pero si teñen que pasar por taquilla para ensinar o DNI e que lle poñan a pulseira.

  • Todas as persoas menores de idade deben ir acompañadas por unha persoa adulta responsable e levar unha autorización firmada polos titores legais. Esta autorización pódese descargar da web ou solicitarse no despacho de entradas. Máis info http://www.festadacarballeira.com/menores-de-idade/

  • Coa entrada porase unha pulseira conmemorativa que é intransferible e será indispensable para poder entrar e saír do recinto.

  • A partir das 12h do sábado comezará o mercado de artesanía e haberá inchables gratis con animación para os nenos.

  • A partir das 13h do sábado haberásesión vermu e unha mexilloada de balde.

  • Non se pode vender nin poñer ningún posto de venda dentro do recinto da Carballeira agás os acordados coa organización na feira de artesanía.

  • A partir das 17:30h comeza a gran foliada.

  • No recinto da Carballeira hai á venda comida e bebida variada a prezo da rúa.

  • Vaise vender un vaso ecolóxico con deseño exclusivo por 1€ que podes reutilizar e levar de recordo ou podes devolvelo e dámosche 1€

  • Podedes mercar un xerro da carballeira por 6€ co que tedes dereito á famosa Gran Queimada da Festa da Carballeira e enchelo as veces que queirades.

  • Resérvase o dereito de admisión, por motivos de seguridade.

  • Pódese acceder con animais de compañía á zona de acampada e ao recinto do festival, sempre cumprindo a lexislación vixente.

  • No recinto da Carballeira cóntase con Protección Civil e persoal sanitario para calquera emerxencia.

  • Recordade que se celebra nun recinto natural e temos que respectar a nosa contorna o máximo posible.

  • Aquí podedes ver como chegar, así como as distintas localizacións dos diferentes servizos http://www.festadacarballeira.com/como-chegar/