Steve ‘N’ Seagulls é un fenómeno musical mundial e viral cuxos vídeos en Youtube, a súa canle básica cuns 200.000 suscriptores, xa ten máis de 35 millóns de visualizacións (máis de 50.000 ao día). O seu estilo, básicamente, é metal con instrumentos pouco habituais, como unha pesada zafra (peza de ferro na que se traballan os metais).

A súa chegada á Carballeira débese á rotunda resposta dos fans a través das redes, logo de que a organización desvelase a través das mesmas a posibilidade de contar con eles para esta 33º edición do festival;  deu a coñecer un vídeo promocional que superou as 13 mil visualizacións.