THE FATTY FARMERS

En The Fatty Farmers non hai tempo para o descanso ou o aburremento. Desde o minuto cero, o grupo mostra todo un arsenal de enerxía e bo rollo. Estes mozos “graxeiros” estalan a ritmo de punk, rock, country, balkan e grandes doses de músic irlandesa. Unha auténtica festa da que é imposible non querer partiipar, porque o xogo co público é patente en todo momento, invitándoos a cantar e bailar os seus ritmos desenfrenados.

Con tres traballos discográficos no mercado e máis dun cento de concertos por algúns dos festivais máis importantes de España, Italia, Dinamarca e Portugal, o grupo presentaranos o seu último traballo: “Escape from the dirty pigs”.

www.thefattyfarmers.com/