Loading...
Inicio/Orquestra Os Modernos
Orquestra Os Modernos 2017-06-02T15:42:39+00:00

Orquestra Os Modernos

A claridade das lámpadas de cores, o cheiro a pólvora, o arrecendo das friameiras, até a xeometría dos cadros dos manteis se levantan e brindan pola oportunidade dada ao “frote” e ao “arrechuche” contaxiada polos ritmos máis modernos da Orquestra “Os Modernos”.

Como consecuencia da súa constate ansia por se renovar e a experiencia a través de tantas xiras por Europa e América do Sur e do Norte, a Orquestra Os Modernos, ofrécelles un repertorio renovado de bailes como manda a última moda: foxfrot, baiao, chotis, habanera ou tango americano, corrido, rumba, mazurca e mesmo un avant-garde twist, se esquecer tampouco eses ritmos máis arcaicos e propios do noso folclore como a muíñeira ou a xota.

Os bailadores e bailadoras confidentes, séntense protagonistas arroupados ao tempo que illados ao estar a música exclusivamente ao servizo do seu baile.

Ninguén fica sentado cando toca a Orquestra Os Modernos. Resulta imposible. Cando saen a actuar, enchen o recinto coa súa presenza. O seu estilo, a súa calidade musical. Non podemos ficar quedos, porque o seu son fainos viaxar do aquí agora ao antes sempre. Sempre e máis despois. E todo grazas ao conxunto de múisicos e voces que se reúnen nesta formación, dende Alonso Caxade até Xosé Tuñas, pasando por Joám Casas, Lois Mouriño, Iria Pinheiro, Martín Nogueira e Paco Nogueira. Todos eles son Os Modernos. A todos eles débemoslle este novo vello son que enche as rúas en calquera festa.