Loading...
Inicio/Milladoiro
Milladoiro 2017-06-02T18:47:12+00:00

Milladoiro

O grupo naceu en 1978. Levamos mais de trinta e cinco anos percorrendo espazos silencios xeografías, levamos mais de trinta e cinco anos tentando atopar a beleza detrás de cada pentagrama tempo e tempo poñendo banda sonora a un país en perpetua construcción imperfecta, somo fillos seus e lembramos a cor sepia dos días escuros e de pobreza socio-ambiental. Mais de trinta anos despois, seguimos á procura da beleza e da harmonía nunha singradura que ten a Galicia como epicentro dunha longa espiral sen fronteiras e que agarda e demanda de cada un de nós, que sempre estemos á altura do seu horizonte de mar, ceo e terra; un horizonte onde pousa a ollada tan so, a esperanza.

Formación actual:

  • Xosé V. Ferreirós:gaita, óboe, tin whistle, mandolina, uillean pipes, bouzouki, pandeireta.
  • Nando Casal:gaita, clarinete, tin whistle, pandeireta.
  • Moncho Garcia:percusións.
  • Manuel Riveiro: acordeón, teclados
  • Harry.c:violín.
  • Manú Conde: Guitarra acústica, bouzouki
  • Outros compoñentes:
    • Michel Canada
    • Manolo Arias
    • Roi Casal