Loading...
/Mànran
Mànran2018-05-29T16:58:04+00:00

MÀNRAN

Mànran son unha galardoada banda escocesa que foi formada en xuño de 2010, cando seis amigos (Gary Innes, Ewen Henderson, Norrie “Tago” Maclver, Ross Saunders, Scott Mackay y Calum Stewart) usaron unha poderosa combinación de gaélico e inglés, con acordeón, violín, frauta e unha deliciosa mistura de percusión e baixo creando un son contaxioso e recoñecible, ademais de ser a única banda que utiliza Highland y Uilleann pipes en unha alienación.

Dende o 2010 presentáronse en moitos dos festivais folclóricos mais recoñecidos do mundo, e empezaron a consolidarse como uns dos grupos mais emocionantes do circuíto folk, sendo, incluso, invitados a facer unha actuación especial nos Xogos Olímpicos de Londres 2012.

En enero de 2011 o grupo lanzou o seu primeiro álbum co single “Latha Math”, que foi a primeira canción gaélica no Top 40 do século XXI e en agosto de 2012 lanzaron “Take You There” con Michelle McManus para recadar fondos para a Campaña STV 2012, a canción axudou a recadar dous millóns de libras para nenos desfavorecidos en Escocia.

En setembro de 2012, Calum Stewart deixou a banda para ser substituído polo xoven flautista Ryan Murphy.

A banda gravou o seu segundo álbum “The Test” a principios de 2013 embarcouse no seu primeiro viaxe a Estados Unidos. Alí fixo o seu debut no mundialmente famoso “Milwaukee Irish Festival” en Wisconsin, e impulsou os incios de unha xira de 5 semanas que viu á banda tocar en Chicago, Bay City, New Hampshire, Albany, California, Arizona e Iowa.

Despois de Estados Unidos, a banda foi a Australia para actuar en el “Australasian World Music Festival” con alta aclamación da crítica e a outros festivais de varios países europeos como Dinamarca, Francia, Bélgica e España.