Loading...
Inicio/Gwendal
Gwendal 2017-06-09T17:31:34+00:00

Gwendal

O universo musical de Gwendal afonda as súas raíces en terras celtas. Dende a súa creación, no ano 1972, o grupo compón o esencial dos seus temas insertando as influencias do rock, jazz, folk e música clásica que proveñen de cada uno dos seus compoñentes. As composicións e arranxos son, por tanto, un traballo colectivo.

Unha vez compostos, os temas son interpretados no escenario, e coa dinámica dos concertos evolucionan ao ter contacto co público. Todo isto ocorre antes de pasar polo estudio de gravación. De aí a frescura e madurez dos seus discos. Esta espontaneidade vai moi de acordo co espíritu do grupo.

Comenzaron coas xiras, os festivais, os grandes teatros, os máis pequenos, e despois o extranxeiro: Italia, Alemaña, Dinamarca… e sobre todo España e a relación apaixonada que se establece entre o seu público e Gwendal.

Con España, especialmente, o grupo ten unha historia e relación privilexiadas, traducíndose nunha complicidade coa súa xuventude, e unha fidelidade do público desafiando o desenvolvemento do tempo.

A sinatura dun contrato con CBS en 1978 permitirá a difusión dos discos en toda España, e as xiras conducirán ao grupo de Madrid a Barcelona, despois no Sur e moi axiña no conxunto de España.

Deste tempo data o reconoñecemento pola prensa e o público de GWENDAL, como grupo “mítico”, asociado ao renacemento cultural e á aparición do entusiasmo pola música céltica, non só do público, senón tamén de numerosos grupos musicais de distintas rexións de España.
Despois destes anos tan intensos chegoulles a necesidade imperiosa de facer unha recapitulación. O seu quinto álbum, que gravaron en directo en Madrid, foi o “final feliz” dun periodo.

Co cambio dalgúns músicos a creación individualízase e os arranxos fanse con máis elaboración. Isto é o que repercute na música do sexto e sétimo álbum. Finalmente, a creación polarízase arrededor de dúas figuras, Youenn Le Berre e Robert Le Gall. Como resultado deste período de reflexión e maduración edítase “Glen River”, disco que recibirá o premio da Academie Charles Crosen en 1990.

Durante estes anos de andaina realizaron máis de mil concertos en cidades de todo o mundo. Actuaron en infinidade de festivais, coma por exemplo Tabarra (Túnez), Recklinghausen (Alemaña), Lucca (Italia), Nyon (Suiza), Fiesta de la Humanidad (Francia) e máis recentemente en Den Bergen, no Intercéltico de Lorient, Roskilde… Algúns dos países que visitaron de xira son Francia, Italia, Irlanda, Bélgica, Suiza, Holanda, Alemaña, Dinamarca, Portugal e España.

FORMACIÓN
Actualmente, Gwendal compóñeno:

  • Youenn Le Berre: frauta, bombarda e gaita
  • VincentLeutreau: violín
  • LudovicMensil: guitarra acústica e eléctrica
  • JérômeGueguen: piano
  • Michel Valy: baixo
  • David Rusaouen: batería

DISCOGRAFÍA

Durante estes anos de carreira Gwendal editou trece discos:

  • “Gwendal” (1974)
  • “Joe Can’t Reel” (1975)
  • “A vosdésirs” (1976)
  • “4. Les Mouettess’Battent” (1979)
  • “Gwendal in Concert” (1981)
  • “Locomo” (1983)
  • “Danse la Musique” (1985)
  • “Glen River” (1989)
  • “Pan Ha Diskan” (1995)
  • “Lo mejor de Gwendal” (1996)
  • “CelticAdventures” (1998)
  • “War-Raog” (2005)
  • “Best of” (2008)
  • “Live IN Getxo” (2016)

En 2017 presentarase un novo CD/DVD en directo Gwendal Line In Getxo, con motivo da celebración dos seus 45 anos sobre os escenarios.