Banda Crebinsky

Banda Crebinsky é unha pequena orquestra popular xurdida dun universo imaxinario, creada no filme Crebinsky. Do mesmo modo, as súas músicas nacen como banda sonora e saltando da pantalla, corren ás rúas e os escenarios, crecendo e desenvolvéndose con grande enerxía.

Se houbese que etiquetar o seu estilo, pronto nos veriamos en serias dificultades. Con todo, podemos arriscar algunhas expresións como “Composición eléctricas-delirantes próximas á world music” ou ben “música popular dun país inexistente” que nos aproximaría algo á realidade. Da súa escoita reflexiva se evidencia un traballo musical de gran calidade, cheo de detalles e minucioso, tanto a nivel compositivo como de interpretación. Non obstante, é case imposible escoitar todo o seu espectáculo de xeito reflexivo, pois a contaxiosa vitalidade que transmite a Banda Crebinsky invita á festa sen paliativos