Loading...
Inicio/Andrés Penabad
Andrés Penabad 2017-06-02T15:42:38+00:00

Andrés Penabad

Andrés Penabad é un acordeonista cunha longa traxectoria profesional. Comeza os seus estudos aos 14 anos da man do profesor Javier Díaz Carrasco, estudos que continuou no Conservatorio de Música de Getafe. Recibe varias Máster Class co catedrático de acordeón de San Petesburgo Oleg Sharov, así como dos concertistas Iñaqui Dieguez e Ángel Luís Castaño, ademais de cursar na Escola de Música Moderna Estudio de Santiago de Compostela.

Formou parte da Orquestra de Acordeóns Robaleira de Cedeira e do grupo de Folk Pontés Muxarega, agrupación que abandonou despois de producir o seu primeiro disco, “8 Soños”. Foi membro fundador do grupo Os Feroces da Galgueira e colaborou na gravación de discos como “Ulträqäns II”, do banda coruñesa Ulträqäns, e “Xan e Sabela”, do grupo pontevedrés Avelaíña, entre outros.

Conta con numerosos premios en concursos nacionais e internacionais. Pódense destacar o primeiro posto na categoría Solista Excelente do Certame Internacional de Acordeón celebrado en Torrelavega (Cantabria, 2004), o primeiro posto na categoría Dúo Excelente do Certame Nacional de Acordeón celebrado en Ourense no ano 2005, así como dous primeiros postos no Certame Internacional de Acordeón celebrado en Torrelavega (Cantabria, 2005) e no Certame Guipuzcoano de Acordeón celebrado en Arrasate (Mondragón, 2010) como solista da Orquestra de Acordeóns Robaleira de Cedeira.

Andrés ten colaborado con gran cantidade de músicos da altura de Carlos Núñez, Kepa Junquera, Susana Seivane, Luar na Lubre, Pablo Díaz, Xabi Aburruzaga entre moitos outros.